Perfecciona ademais os seus estudos cos guitarristas Margarita Escarpa, Miguel Trápaga, Ana Jenaro, Gerardo Arriaga, Miguel Ángel Jiménez Arnaiz, Zoran Dukic, Carles Trepat, Alberto Ponce, David Russell, Carlo Marchione, Jukka Savijoki, Darko Petrinjak, Alex Garrobé, Marco Socías e Ricardo Gallén, e cos compositores Jorge Cardoso e José Manuel Fernández.
Como solista participa en distintas na II, III e IV Mostra de Xoves Intérpretes de Vilagarcía de Arousa" (2003, 2004 e 2006) e no Concerto Homenaxe á premio nacional de poesía Julia Uceda en Ferrol, (novembro de 2003). En música de cámara destaca o dúo coa soprano Patricia Rodríguez Rico e o trío de guitarras Banora cos que ofreceu varios concertos en localidades coma Ferrol, Vilagarcía de Arousa ou Laracha, así coma concertos didácticos en institutos de educación secundaria. En maio de 2008 é invitada a tocar no Ateneu Tatarasi en Iasi, Romania. Actúa tamén en Amsterdam (Conservatorium van Amsterdam) e Den Haag (Gallery Chief and Spirits). En abril de 2009 ofreceu un recital no Ateneo Ferrolán. Regresa a Amsterdam para ofrecer un concerto no Instituto Italiano de Cultura en novembro de 2009.
Estrea na cidade alemana de Biedenhof a obra do compositor galego, Evaristo Frieiro nun concerto organizado pola Bauhaus Universität de Weimar.
Destaca tamén a súa participación no proxecto audiovisual "Mulheres na mitología" (concello de Fene, marzo de 2001) e no concerto "Mulheres a un tempo, tempo de mulheres" do concello de Ferrol en decembro de 2000.
En canto a outras músicas foi integrante do grupo de folk- fusión Sexfolia durante toda a súa traxectoria, formación coa que participa en máis de trinta festivais entre os anos 1999 e 2002. Logo pasa a formar parte de formación galaico-portuguesa A Quadrilha da Marola, coa que se sube aos escenarios nos anos 2003 e 2004.
No ámbito compositivo destaca a composición de Panxea para soprano, guitarra clásica, piano e percusión, encargada para o espectáculo multiartístico A fuxida do pensamento da Universidade de A Coruña, estreada en abril de 2004 no campus de Ferrol.
Alba López Sánchez studierte in COSMAC bei Prof. Rodolfo García, in Amsterdam (Konservatorium
van Amsterdam) bei Prof. Lex Einsedhart und in Weimar (Hochschule für
Musik Franz Liszt) bei Prof. Thomas Müller-Pering und Prof. Ricardo
Gallén.
Sie besuchte zahlreiche Masterclasses bei renommierten Gitarrist*n und Pedagog*n (u.a. M. Escarpa, M. Trápaga, G. Arriaga, Z. Dukic, C.Trepat, A. Ponce, D. Russell, C. Marchione, J. Savijoki, D. Petrinjak.J. Cardoso)
Als Solistin konzertierte sie in Spanien, Niederlanden und Romania. 2010 spielte sie in Tour ( Frankreich, Schweiz und Deutschland) mit Diversus Guitar Ensemble.
Sie war Gitarristin und Singerin der galicisch Fusion- Band Sexfolia und der galicisch-portugiesisch Folk- Band A Quadrilha da Marola.
Seit 2000 unterrichte sie Klassische Gitarre, E-Gitarre, Ukulele , Musiktheorie, Chor, Gehörbildung und Harmonielehre als Freiberufler.